Dende neno, a música do acordeón estivo presente na vida de Juan Bande da man dos seus avós. Ós 15 anos, o seu avó materno Antonio cédelle o seu pequeno acordeón. Comeza os seus estudos musicais coa mestra Marisa González Monroy. Con ela tamén entra no mundo coral coma membro da Coral Polifónica “Perla del Atlántico” de Alcabre (Vigo). Durante estes anos, realiza numerosos cursos de Técnica Vogal e Dirección Coral organizados por FECOGA e por Camerata Ad Libitum, que o levan a colaborar con diferentes agrupacións corais. Cabe destacar a súa participación na Banda Sonora da película “O lapis do carpinteiro”. Posteriormente entra a formar parte do Grupo de Acordeóns Mascarenhas da Guarda dirixido por Jose Luís Lorenzo Rodríguez. Coma membro desta agrupación participa na gravación de tres traballos discográficos.
Por petición dun amigo, comeza a dar clases de acordeón. No 2010 empeza a súa andadura como mestre na Escola de Música de Torroso (Mos). No 2015 fai realidade un dos seus soños ao formar Árgonat Band e, no 2020, xunta a tódolos seus alumnos de acordeón na Banda de Acordeóns Metropolitana (BAM). Na súa labor de difusión da música do acordeón, ten feito intercambios con agrupacións tanto de Galicia como doutras comunidades autónomas coma o País Vasco, Asturias ou Navarra.
Actualmente utiliza un método propio de clase individual sempre adaptada as necesidades e gustos do alumno. Podería dicirse que o que comezou coma unha afección coa que animaba as festas familiares, acabouse convertendo nun ritmo de vida musical de promoción e ensinanza do acordeón.