PREMIO CÍRCULO “MÚSICA” 2023 – JUAN EIRAS

PREMIO CÍRCULO 2023

🥇PREMIO CÍRCULO “MÚSICA”🥇 Juan Eiras

O noso socio e porriñés de adopción Juan Eiras é un dos compositores con maior proxección dos pertencentes á chamada «Xeración Sensible de novos compositores galegos».

As súas obras foron interpretadas por algúns dos músicos e formacións máis prestixiosas de Galicia e de España, como a Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Clásica de Vigo, a Orquestra Vigo 430, o Taller Atlántico Contemporáneo, o Plural Ensemble ou OCAZEnigma, entre outros. Ademais, compuxo tamén temas tradicionais para grupos como Malvela, Tino Baz ou Irtio e mesmo bandas sonoras de cine.

Ao longo da súa traxectoria recibiu numerosos galardóns e recoñecementos, como o primeiro premio no «III Concurso Internacional de Composición para Música de Cámara – Arturo Dúo Vital» (2014, Fundación Botín), o primeiro premio no «V Concurso Galego de Composición para Banda de Música e Sección Sinfónica» (2012, Xunta de Galicia e FGBMP), premio na «Convocatoria para novos compositores» (2012, Plural Ensemble) ou o premio no «III Concurso de Composición para Grupo de Cámara – Agustín Ramos» (2018, Candelaria, Santa Cruz de Tenerife), entre outros.

Sete días antes da nosa gala, unha das súas obras estrearáse en Tokio!! Os nosos parabéns para este compositor galego de prestixio internacional e amigo do Círculo.

#PremiosCírculo23 #SomosdoCírculo #OPorriño

Share:
© 2023 by Makaral Edicións. All rights reserver for worldwide. Makaral Edicións®